Páxina Oficial do Obradoiro C.A.B.
|
O xogador canadense Levon Kendal é a seguinte fichaxe na lista de xogadores de Moncho Fernández. Kendal disputou a Euroleague a tempada pasada co Maroussi Costa Coffee grego. En setembro, antes de que dea comezo o campionato, teremos a oportunidade de vero en acción xa que é un dos xogadores que disputará o Mundial de Turquía coa selección canadense. É un xogador áxil e que posúe un sensacional talento reboteador.
Este canadense con pasaporte irlandés de 27 anos e 2,09 de estatura, naceu en Vancouver (Canadá) e debutou na NCAA coa Universidade de Pittsburgh tras un glorioso paso por todas as categorías inferiores do seu país. Internacional absoluto, no ano 2005 conseguiu estar entre os cinco mellores xogadores do Campionato do Mundo de Baloncesto Junior despois de levar a Canadá á súa primeira medalla de bronce ante EE.UU. >>> |
|
O ala-pivot americano con pasaporte español é ata o momento a última fichaxe do club santiagués. Bernard Hopkins que procede do Lagún Aro, chegou a España fai xa 13 anos, en 1997 da man da Gran Canaria. Excelente reboteador e defensor, hai que resaltar que é un xogador moi comprometido cos equipos nos que xoga e nunca lle pesa o ter que asumir a responsabilidade.
A tempada pasada converteuse nun Histórico“en minutos xogados” na ACB ao superar a cota dos 12.000 (12.077 ata o momento) disputados na súa carreira ligueira. Hopkins militó por primeira vez na ACB na tempada 1997-98 da man da Gran Canaria e continuou formando parte da primeira división do baloncesto español durante dez tempadas. Posteriormente ao conxunto canario xogaría durante cinco tempadas en Valencia, dous anos máis en Tenerife e dous en Valladolid en equipos como o Pamesa Valencia, Unelco Tenerife ou Grupo Capitol Valladolid.>>> |
|
O club fai oficial a contratación do alero Deron Washington para a tempada 2010 – 2011. Washington ten 25 anos e mide 2.01 metros. Nado en New Orleans no seo dunha familia de deportistas, na tempada 2009-10 disputou a liga de desenvolvemento da NBA con Tulsa 66ers, promediando 12.4 puntos, 4.7 rebotes e 1.8 asistencias en 41 partidos e con Los Angeles D D-fenders promediando 9.6 puntos, 4.8 rebotes, 1.4 asistencias en oito partidos.
Xogou durante catro tempadas cos Hokies do Instituto Politécnico e Universidade Estatal de Virginia, en que promediou 11,0 puntos e 5,4 rebotes por partido. Foi titular en 125 dos 128 partidos que xogou cos Hokies. Foi elixido na quincuaxésimo novena posición do Draft da NBA de 2008 por Detroit Pistons, pero quedouse sen oco no equipo. Decidiu entón aceptar a oferta do Hapoel Holon da liga israelí, onde promediou 14,8 puntos e 7,0 rebotes por partido.>>> |
|
O club compostelán pechou a fichaxe do base puertoriqueño Andrés Rodriguez que xa sabe o que é a nosa liga ao disputar co Caja Laboral un encontro de semifinais da Supercopa a tempada pasada. O puertoriqueño é unha base moi intelixente na pista e bo pasador. Un gran director de xogo capaz de mandar e levar o ritmo do partido.
Andrés Rodríguez, 1,84 metros e 29 anos, empezou a súa andadura nas ligas universitarias de Estados Unidos (Patriot League), para posteriormente dar o salto á liga do seu país. Na súa carreira europea tivo ocasión de xogar no Turow Zgorzelec polaco, o Olimpia Liubliana eslovena e no BC Donetsk ucraíno. >>> |
|
Oriol Junyent será xogador do Obradoiro a próxima tempada. O pivot é a terceira incorporación ao plantel que dirixe Moncho Fernández. O catalán non é ningún descoñecido para o equipo santiagués tendo en conta que xa sabe o que é o Multiusos Fontes do Sar e a súa afección. Junyet chegou ao Xacobeo Blu:sens procedente do Valladolid antes do partido contra a Gran Canaria 2014 do 20 de decembro debido ás múltiples baixas no xogo interior do equipo.
Ao final do seu contrato, o xogador ficha polo CAI sendo unha das pezas importantes en axudar o conxunto zaragozano a conseguir o obxectivo do ascenso á Liga ACB na súa despedida do cadro maño. O pívot é internacional absoluto con España e presenta un extenso palmarés e unha gran experiencia na ACB de que foi campión en dúas ocasións co FC Barcelona. >>> |
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|