O Obradoiro CAB pecha a contratación do alero Alberto Corbacho para a vindeira tempada, o mallorquino chega ao equipo da capital procedente do Breogan de Lugo.
Alberto Corbacho de la Cruz, nado en Palma fai 25 anos (01/10/1984), mide 2 metros de altura e formouse nas categorías inferiores do Unicaja de Málaga. É un especialista no tiro de longa distancia e conta coa experiencia a pesar da súa mocidade de disputar xa 6 tempadas na Liga LEB. Corbacho é un xogador moi móbil, rápido e activo no xogo, que fai que sexa difícil defendelo. >>>
O Obradoiro celebrou a súa habitual comida de inicio de tempada cos medios de comunicación. O evento tivo lugar na Costela de Román, colaborador do club santiagués a tempada pasada, e foi presidida polo voceiro do grupo empresarial Fran Sánchez e o Director Xerente do club, Alfonso Pazo.
O novo alero, de 25 anos, é a primeira fichaxe oficial de cara á nova tempada. O club obradoirosta acadou un acordo co manresano para xogar este ano na capital galega. Feliú posúe ampla experiencia o militar en equipos de ACB e LEB Ouro.
Miquel Feliu Badal (17-7-1985) é un alero de 1,98 m. que procede do Sant Josep de Girona e formouse na canteira manresana. Internacional por España cadete, conseguiu a medalla de Bronce nos Europeos 2001 de Riga. Tamén formou parte da selección española júnior e 20 sub-20. Aínda en idade júnior, debutó na ACB disputando 6 partidos na tempada 2002-2003. Tras xogar un ano cedido no CB Olesa (EBA), na campaña 2004-2005, reintegrouse á disciplina do Ricoh Manresa na ACB (9 partidos cunha media de 9 minutos e 2 puntos). >>>
O Obradoiro CAB acadou un acordo co capitán Javier “Tuky” Bulfoni para a súa renovación por unha tempada, cunha opción para prorrogara por unha segunda máis no caso de que o equipo conseguise o regreso de novo á liga ACB. Segundo as palabras do propio xogador, o acordo co club compostelán está practicamente pechado a falta da sinatura que rubrique o acordo oficialmente.
Bulfoni ata o momento sempre expresara os seus desexos de continuar no club. Desta maneira, Tuky cumprirá a súa segunda tempada no Obradoiro CAB. Aos seus 33 anos e con pasaporte italiano foi no 2001 cando deu o salto ao baloncesto europeo. O xogador incorporouse ao Xacobeo Blu: sens desde o inicio do proxecto en ACB a tempada pasada. O arxentino aterraba en Santiago tras a súa desvinculación do Basquet Manresa, equipo que non exerceu o seu dereito sobre a cláusula de renovación. Ficha do xogador
As instalacións do Corte Inglés en Santiago de Compostela foi o lugar elixido polo Obradoiro CAB para a presentación do corpo técnico da tempada 2010 - 2011. No Salón Ámbito Cultural estiveron presentes o primeiro adestrador, Moncho Fernández, os seus axudantes, Víctor Pérez e Gonzalo Rodríguez, o preparador físico, Óscar Viana, e o director xerente do Obradoiro, Alfonso Pazo, que pola súa parte foi o encargado da presentación ante os medios alí presentes. (Ler mais..)