XACOBEO BLU:SENS

AFECCIÓN

tvobradoiro

twitter Obradoiro


Páxina Oficial do Obradoiro C.A.B.
Óscar Viana González, novo preparador físico do primeiro equipo

logo_headerÓscar Viana será o preparador físico do primeiro equipo para a tempada 2010-2011. O novo preparador de 32 anos, procede do Hóckey Club Liceo da División de Honor, equipo en que estivo desde a tempada 2004 – 05.

Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do deporte pola Universidade da Coruña, Óscar é un gran coñecedor da materia que lle asignan. Comezou a súa carreira profesional na tempada 2002 – 2003 como preparador do Hóckey Club Liceo Vodafone da Primeira División, ao tempo que desempeñaba o posto de recuperador físico no complexo deportivo Montrove en Oleiros. A tempada pasada compaxinaba o seu traballo no Liceo có do Club Patín Cerceda da División de Honra.

 
Os santiagueses Víctor Pérez e Gonzalo Rodríguez serán os técnicos axudantes de Moncho Fernández

tecnicosVíctor Pérez Bermúdez e Gonzalo Rodríguez Palmeiro serán os novos adestradores axudantes de Moncho Fernández no Obradoiro para esta tempada na ADECCO OURO. O club compostelán chegou a un acordo para que se incorporen de maneira inmediata ás ordes do primeiro adestrador. Ambos os dous asumirán o posto de técnico axudante en igualdade de funcións e desde hoxe comezarán a traballar na planificación do equipo para a vindeira tempada.

Nado fai 37 anos (03/06/73), Víctor Pérez regresa á súa terra procedente do Alaior Menorca a tempada pasada, equipo do que se fixo cargo a metade da tempada debido á marcha do primeiro adestrador. Este galego ten un amplo currículo de experiencias en Categorías Nacionais. Tras abandonar o seu Santiago de Compostela natal, Víctor comezaría a súa carreira profesional no Caixa Rioxa da LEB Prata, onde cumpriría dúas tempadas como adestrador axudante antes da súa marcha á Menorca. Alí conseguiría clasificar o equipo en ambas as dúas tempadas para a fase de ascenso. (Ler mais...)

 
Moncho Fernández: “Aquel que vista a camiseta do Obra, ten que desexar vestila”

monchof“Sentímonos encantados de que Moncho Fernández poida ser o adestrador do proxecto que estamos comezando”. Estas foron as palabras coas que este martes Francisco Sánchez, presidente de Unika e voceiro do grupo de empresas que avala ao Obradoiro, acompañado do director xerente Alfonso “Chete” Pazo, presentaba o novo adestrador do club compostelán Moncho Fernández.

Esta vez, a entidade santiaguesa elixiu para a presentación do novo técnico as modernas instalacións do concesionario oficial do Grupo “Compostela Motor” que a casa Toyota posúe no Milladoiro.

Audios de Moncho Fernández

 
O santiagués Moncho Fernández dirixirá o Obradoiro

monchoO técnico santiagués Moncho Fernández chegou este luns a un acordo co Obradoiro CAB para adestrarr ao conxunto compostelán a vindeira tempada. A entidade santiaguesa confiou para dirixir o seu novo proxecto en LEB Ouro nun técnico galego. Moncho será presentado oficialmente este martes como novo adestrador nas instalacións do concesionario oficial de Toyota no Milladoiro.

Moncho, gran coñecedor da LEB, naceu en Santiago fai 40 anos (19/09/69) lugar onde comezou a súa carreira como adestrador. Licenciado en Xeografía e Historia, como primeiro adestrador, desenvolveu a maior parte da súa traxectoria na LEB Ouro, tanto no Xixón (do 2002 ao 2004) como no Villa de Los Barrios (do 2006 ao 2009) a que levou a disputar tres playoff consecutivos, unha Copa Príncipe e un Final Four, unha experiencia que lle serviu de escaparate e lanzadeira ao Murcia na ACB a tempada pasada.

 
Preséntase o proxecto do novo Obradoiro

empresariosA conversión en Sociedade Anónima Deportiva será o primeiro paso do grupo empresarial que este mércores no hotel Meliá Araguaney presentou o proxecto do novo Obradoiro. Na parte deportiva, o santiagués Alfonso Pazo “Chete” será o novo Director Xerente. Un director que como ben resaltou o presidente de Únika Fran Sánchez vén ao club “por unha implicación de amizade rexeitando ofertas laborais de maior calado”.

O actual presidente do club, Ricardo Docobo, foi o encargado de abrir a rolda de prensa agradecendo aos empresarios a súa participación e respaldo tal como anunciara desde o inicio da súa candidatura. A continuación, José Ramón García en representación do grupo empresarial, tomou a palabra e falou do novo proxecto do Obradoiro que nace en LEB pero sempre ollando á ACB. Neste aspecto, o máximo dirixente de Blu: sens deixou claro que sen a implicación das institucións e da afección non será posible levar o club de volta á máxima categoría do baloncesto español.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

banner_abonate_2_gal