XACOBEO BLU:SENS

AFECCIÓN

tvobradoiro

twitter Obradoiro


Páxina Oficial do Obradoiro C.A.B.
A FEB dá un respiro aos Clubs e permite pagar a prazos as cotas de inscrición

febA Federación Española de Baloncesto (FEB.) atende á solicitude da Comisión delegada da Liga LEB aceptando a proposta que permitirá aos clubs respirar económicamente e pagar as cotas de inscrición de maneira fraccionada.

O primeiro pagamento faríase no mes de Xullo unha vez que se inscriban, e o segundo xusto antes de que de comezo a competición, no mes de e Setembro. Deste xeito, os 40.000 € de inscrición dividiríanse nun primeiro pagamento de 22.000 € e un segundo de 18.000 €.

O apartado referente ao aval manteríase, e os clubs deberán de aboar os 218.000 € correspondentes antes do próximo día 9 de Xullo, data tope para presentar de igual xeito a documentación necesaria.

Doutra banda, as xornadas ADECCO OURO para a tempada 2010/11 non serán obrigatorias os venres pola noite. Este cambio deberase ratificar pola próxima Comisión Delegada do próximo mes de xullo.

 
O infantil do Obradoiro Ignacio González preseleccionado coa selección galega

Nacho_infantilO xogador do equipo infantil do Obradoiro Ignacio González Castro tras o seu paso pola selección santiaguesa de baloncesto foi preseleccionado para formar parte da galega. O rapaz compostelán que adestra Víctor Fernández terá o seu primeiro ensaio este domingo 4 de xullo a partir das horas 18.30 en Riazor.

 
O Obradoiro reúnese co Concello para falar de futuro

AyuntamientoO presidente do Obradoiro C.A.B. Ricardo Docobo e demais membros da súa xunta directiva foron recibidos este mércores en Raxoi polo alcalde compostelán Xosé A. Sánchez Bugallo.

Na reunión, na que tamén estaba presente o concelleiro de Deportes Bernardino Rama, Ricardo Docobo informou sobre a actualidade do club, que nestes momentos está en plena auditoría, tamén na actual conversión do Obradoiro CAB en Sociedade Anónima e pola preparación do plantel para a próxima tempada en Liga LEB Ouro se finalmente o equipo non opta a ningunha praza en ACB.

 
Os equipos base do Obradoiro CAB estarán na Compostela Cup

compostelacupOrganizada pola Fundación Compostela Deporte e Caixanova, este torneo ademais de fomentar o deporte base pretende mesturalo co camiño de Santiago. Vénse disputando durante os últimos seis anos e nesta ocasión participarán máis de 300 clubs. A VI edición arrincará co baloncesto, desde o 23 ao 27 de xuño, e os partidos disputaranse nos diferentes pavillóns da cidade. Destaca a presenza na competición dos integrantes dos clubs galegos máis importantes así como unha importante representación de combinados procedentes de cidades como León e Ponferrada.

No que fai aos clubs galegos tomarán parte na Compostela Cup ademais dos equipos base do Obradoiro, o CB Cluny, CB Pío XII, ADM Peleteiro, CB Salle, CB Rosalía e a ADE Inmaculada. Tamén participarán equipos doutros puntos da Comunidade como é o caso do CB Arxil.

 
O Peleteiro, representante do Xacobeo Blu:sens nas Series Colexiais ACB, perde a final feminina tras unha actuación inmellorable

peleteiro_femeninoO Peleteiro feminino caeu na final das Series Colexiais ACB no Pavillón Municipal Països Catalans ante o Zurriola Ikastola por 66 a 46. As santiaguesas dérono todo e xogaron minutos de gran baloncesto, pero finalmente non puideron coas representantes do Lagún Aro que terminaron proclamándose campioas desta quinta edición.

Na categoría masculina, os mozos de Peleteiro a pesar de gañar un dos dous encontros previos, non puideron acadar a ansiada final. Os de Víctor Fernández o sábado enfrontáronse pola mañá ante o conxunto Badalonés, no que caeron derrotados por 56 a 28, e pola tarde ante os Maristas de Valencia. Esta vez si puideron saborear a victoria pero o 41 a 52 reflectido no marcador o termino do encontro para os nosos colexiais non foi suficiente para acadar un posto na final do domingo.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

banner_abonate_2_gal