Páxina Oficial do Obradoiro C.A.B.
|
Finalmente e despois do aprazamento pola choiva do acto que a semana pasada a plataforma “Somos 6000” tiña previsto celebrar na praza Roxa de Santiago con motivo da presentación da campaña de venda de accións do Obradoiro, xa ten nova data. Será este venres 18 de xuño no mesmo lugar as 22.30 horas.
Con este acto a plataforma “Somos 6000” quere facer unha demostración de obradoirismo, reunindo a todos en torno a un obxectivo, demostrar que a masa social continúa apoiando ao Obradoiro e facerse visibles ante os empresarios, comerciantes e público en xeral. |
|
O xogador do equipo infantil do Obradoiro Ignacio González Castro foi convocado para formar parte da selección infantil Santiaguesa que se xoga esta fin de semana o Campionato de seleccións.
O encontro disputarase no pavillón Rosalía de Castro en Santiago de Compostela. O primeiro partido terá lugar ás horas 11.30 horas do sábado. Dependendo do resultado do encontro o segundo enfrontamento disputaríase ás horas 15.30 da tarde ou ás horas 18.30 horas. |
|
Este venres, 18 de xuño, arrinca en Badalona a Final a 6 das Series Colexiais ACB Orange, que neste 2010 chegan á súa quinta edición estreando un novo formato de final. Doce equipos, 6 femininos e 6 masculinos, competirán por alzarse co trofeo de campión da competición que promove a ACB xunto ao patrocinio de Orange.
Badalona acollerá a partir de do venres, e ata o domingo 20, a Final a 6 das Series Colexiais ACB Orange, a competición que promove a ACB en prol do baloncesto base estatal que este ano se presenta máis emocionante que nunca. A Fase Final modificou nesta edición o seu formato. O final que decidirá ao conxunto campión disputarana os dous equipos que finalicen primeiros nos seus respectivos grupos na liguilla previa. |
|
O Unicaja de Málaga non ampliará a vinculación co escolta Alfonso Sánchez que militó esta tempada no Xacobeo Blu: sens. O equipo malagueño tiña unha opción sobre o xogador para ampliar o seu contrato que decidiu non exercer. Alfonso Sánchez é un xogador formado da canteira do Unicaja e que nas últimas tempadas estivo cedido, primeiro no Meridiano Alacante e esta tempada no conxunto santiagués.
O escolta malagueño debutou coa primeira equipa do Unicaja o 13 de novembro de 2005 nun partido que enfrontaba aos malagueños co Vive Menorca. Desde entón combinou o seu paso polo primeiro equipo co filial, ata chegar a tempada 07/08 en que pasou a formar parte do equipo ACB. Ese ano unha lesión de longa duración impediulle ter maior continuidade no primeiro equipo. |
|
O Grupo Correo Galego organiza o VII Día autonómico do Minibásquet, que se celebrará este sábado 12 de xuño no Multiusos Fontes do Sar. Aproveitando esta oportunidade, o Obradoiro CAB habilitará un posto para a venda de produtos do club no que os afeccionados poderán adquirir merchandising da tempada cun 30 por cento de desconto.
O horario de venda será o mesmo que o do propio evento ata final de existencias. Polos oficiais, camisetas, chaveiros, pines, sudaderas conmemorativas do Obradoiro en ACB, cazadoras de neopreno, bufandas así como cuncas co escudo da Obra. Todos aqueles que fagan unha compra superior a 20 euros recibirán un obsequio por parte do club. |
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|