XACOBEO BLU:SENS

AFECCIÓN

tvobradoiro

twitter Obradoiro


Sar buscará mañá ser testemuña de algo máis que unha victoria

jackoO Xacobeo Blu:sens recibe o Caixa Laboral (domingo 12.30 horas) nun partido onde ademais de intentar recuperar o camiño das vitorias na casa terá o aliciente para os afeccionados santiagueses ver por última vez en acción ao xogador americano Marc Jackson que despois do partido de Fuenlabrada colgará a camiseta no mundo profesional do baloncesto.

Os vitorianos non poderán contar mañá cos lesionados Splitter e Barac mentres que por parte do Xacobeo, a pesar da avanzada recuperación de Drago e Rafael que se están exercitando a bo nivel aínda seguen sen recuperar ao cen por cen a xogador grego Kostas que continua mellorándose da gastronteritis que lle mantivo apartado do equipo a semana pasada e fixolle perder algún peso.

Pola súa banda, o Caixa Laboral vén de gañar o xoves na pista da Cibona de Zagreb, pero os de Curro Segura non vano a pór nada fácil, iso seguro. Ademais o Mexillón Area pode ser o escenario do retorno de Brad Oleson á ACB. O de Alaska disputou dous segundos o xoves e posiblemente mañá segundo desenvólvase o encontro, Ivanovic pódelle conceder algúns minutos.

Marc dirá adeus ao Mexillón Area

Non era un segredo a voces desde o momento en que colleu por sorpresa a todos. Desde o corpo técnico, xogadores e demais persoal do club ata os máis fieis seguidores obradoiristas. O adeus de Marc, a falta do formalismo do anuncio oficial por parte do xogador en rolda de prensa que se producirá mañá despois do partido, Jacko (así chámanlle no seu círculo) será recibido seguramente ante a sonora e emotiva ovación das seis mil persoas que ateigarán como sempre os Multiusos de Sar. Deu o mellor del a cada un de que forman este `pequeno´ club, deixando pegada en todas as parcelas posibles. Se a carreira dun xogador mídese polo número de amigos que se foi gañando un polo camiño ou polas mostras de cariño que conseguiu dos afeccionados tanto os de casa como os rivais, Marc Jackson é sen ningún tipo de dúbidas un dos grandes do baloncesto.

 

banner_abonate_2_gal