| Misión imposible en Vistalegre |
|
O Xacobeo Blu:sens saltou á cancha querendo dala sorpresa (outra vez) e ganas non lle faltaron. Pero se non é suficiente loitar contra un rival como o Madrid, na súa cancha e por riba sumámoslle as baixas de homes tan importantes como Stanic, Manzano, Fuentes e as molestias que fixeron sentar a Nihad a escasos minutos de saltar ao campo, unha victoria non sería só unha sorpresa senón unha auténtica heroicidade. Se algo non se lle pode reprochar a este equipo é traballo pois aguantou tres cuartos dando a cara en Vistalegre.O Xacobeo Blu: sens mandó no marcador durante quince minutos e quince segundos e chegou a facelo por 13, 9-22 no minuto 8, probas fidedignas de que o Real Madrid saíu quizais un pouco durmido nos inicios do partido. A máxima vantaxe dos galegos foi o momento en que o Real Madrid comezou a dar síntomas de vida. Un parcial de 7-0 nun minuto, maquillou o resultado do primeiro período que foi favorable ao Xacobeo Blu: sens por 18-24. No primeiro minuto do segundo cuarto o Real Madrid xa lle botou o alento colocándose a un só punto, 23-24, pola contra necesitou dalgúns minutos máis para coller as rédeas do partido. Foi Sergi Vidal, un moi pouco habitual en pista, o que cun triplo puxo ao seu equipo por primeira vez arriba no luminoso, 33-32. Despois Hansen e outra vez Vidal, tamén con casanseu triplos, foron os que pecharon un parcial de 11-0, (39-32 no minuto 17), que lle deu ao Real Madrid tranquilidade. Kostas Vasileiadis (23 puntos e 6 de 10 triplas) e o ex madridista Jeremiah Massey (26 puntos e 7 rebotes dos cales 5 en ataque) foron os estandartes do equipo de Curro sen esquecernos de Alfonso Sánchez na dirección do xogo. Un parcial de 12-2 nos primeiros tres minutos e medio do último período, 79-62, foi definitivo para a victoria do equipo merengue. 92 - Real Madrid (18+31+18+25): Tomic (16), Jaric, Garbajosa (5), Prigioni (6), e Kaukenas (3) - equipo inicial -, Hansen (17), Lavrinovic, Reyes (11), Velickovic (6), Llull (10), Bullcok (7) e Vidal (11). 80 - Xacobeo Blu: Sens (24+19+17+20): Vasileiadis (23), Bulfoni (8), Massey (26), Pasalic (5) e Sánchez (8) - equipo inicial -, Aguilar, Djedovic, Higgins e Reyshaun (10). Árbitros: Vicente Bultó, José Javier Murgui e Pedro Munar. Sen eliminados. Incidencias: Partido correspondente á vixésima cuarta xornada da Liga ACB disputado no Palacio Vistalegre ante 8.900 espectadores. |



O Xacobeo Blu: sens caeu en Vistalegre ante o Real Madrid (92-80) nun partido que como dixo o técnico branco Ettore Messina tralo encontro “a achega do banco foi clave para conseguir a victoria”. O equipo obradoirista marcou o ritmo de inicio pero acabou cedendo ante o empuxe final do seu rival.












