XACOBEO BLU:SENS

AFECCIÓN

tvobradoiro

twitter Obradoiro


Maurice Bailey estará a proba co Xacobeo Blu:sens unha semana

baleyO Xacobeo Blu:sens terá a proba desde mañá e durante unha semana o base americano Maurice Bailey, quen chegou a xogar na Euroliga co Olimpija de Ljubljana e que empezou esta tempada na Estrela Vermella de Belgrado. Os dereitos do club sobre o xogador pasan pola opción dun mes ampliable a un máis.

Maurice Bailey ten previsto aterrar en Santiago mañá ao mediodía para porse inmediatamente ás ordes do técnico. A posible incorporación de Bailey débese á baixa de Fuentes, que perderase o que resta de tempada, e depende tamén do tempo que tarde o arxentino Maxi Stanic na recuperación da súa lesión no nocello.

Stanic, ao que se lle realizou esta mañá unha radiografía e unha resonancia segue sendo seria dúbida para o partido do domingo fronte a Lagún Aro. Os servizos médicos do club confirmaron que haberá que esperar ata o mércores para ver como evoluciona o xogador da súa escordadura no nocello esquerdo de grao 1-2. >>>

No que se refire ao novo escolta bosnio do Xacobeo Blu:sens, Nihad Djedovic, que tivo que retirarse do encontro ante o Madrid ao resentirse da pubalxia que lle mantivo entre algodóns a semana pasada, realizóuselle unha ecografía esta mañá e estará en absoluto repouso ata o xoves.

Maurice Bailey , 28 anos e 1,83 de estatura, conta con experiencia no Nancy de Francia, o Lokomotiv Ruso, o Olimpija de Ljubljana e no Estrella Roja de Belgrado. Xogou doce partidos de Euroliga co Olimpija cunha media de 9,1 puntos por partido. É un gran anotador, destaca sobre todo por ser un xogador cun gran sentido do xogo colectivo. Ten a misión de ser o líder natural en pista do equipo mentres poda estar no conxunto santiagués.

Ficha do xogador na Euroliga Basket

 

banner_abonate_2_gal