|
“Somos 6000” convoca ao obradoirismo na praza Roxa para a presentación da campaña da venda de accións |
|
Finalmente e despois do aprazamento pola choiva do acto que a semana pasada a plataforma “Somos 6000” tiña previsto celebrar na praza Roxa de Santiago con motivo da presentación da campaña de venda de accións do Obradoiro, xa ten nova data. Será este venres 18 de xuño no mesmo lugar as 22.30 horas.
Con este acto a plataforma “Somos 6000” quere facer unha demostración de obradoirismo, reunindo a todos en torno a un obxectivo, demostrar que a masa social continúa apoiando ao Obradoiro e facerse visibles ante os empresarios, comerciantes e público en xeral. |
|
Venda de artigos do Obradoiro no Día Autonómico do Minibasquet |
|
O Grupo Correo Galego organiza o VII Día autonómico do Minibásquet, que se celebrará este sábado 12 de xuño no Multiusos Fontes do Sar. Aproveitando esta oportunidade, o Obradoiro CAB habilitará un posto para a venda de produtos do club no que os afeccionados poderán adquirir merchandising da tempada cun 30 por cento de desconto.
O horario de venda será o mesmo que o do propio evento ata final de existencias. Polos oficiais, camisetas, chaveiros, pines, sudaderas conmemorativas do Obradoiro en ACB, cazadoras de neopreno, bufandas así como cuncas co escudo da Obra. Todos aqueles que fagan unha compra superior a 20 euros recibirán un obsequio por parte do club. |
|
Ler máis...
|
|
O Obradoiro convoca aos seus socios a votar |
|
Tal como se acordou na Asemblea extraordinaria do día 28 de Abril, Obradoiro CAB convoca aos seus socios as urnas para elixir Presidente do Club. O día designado para as votacions foi este mércores 26 de Maio, onde os socios maiores de 18 anos e que estean ao día nas cotas de pagamento están chamados a votar para elixir o nome do futuro presidente do club, en horario da 20.30 22 horas.
O lugar elixido foi o Hotel Meliá Araguaney de Santiago (salón Convencións). As dúas candidaturas que optan á presidencia son a encabezada polo socio e ex vicepresidente Javier Laiño, a que acompañan José Ángel Casal Fernández (vicepresidente), Carlos Delgado Fernández e socio número dous (tesoureiro), o socio fundador Manuel Rodríguez Iglesias e Juan Illobre Mareque (secretario).
A outra candidatura está encabezada polo socio Ricardo Docobo e irmán do actual presidente José Ángel, a que acompañan Teresa Fandiño (secretaria), Francisco Cadrecha (tesoureiro) e Francisco Javier Olmo, José Manuel Rivera Otero e José Manuel Lage Rascado (vogais). |
|
O Obradoiro CAB apúntase tamén ao Twitter |
|
O Obradoiro decidiu subirse de novo ao carro das redes sociais tras a súa incorporación ao Facebook e Youtube, e agora tócalle tamén a quenda o Twitter, a rede social máis inmediata que se poderá seguir desde a portada da web oficial do club.
Mensaxes curtas, directas, contundentes e ao instante… e en moitas ocasións antes incluso que no resto das canles oficiais. Faiche seguidor do noso perfil http://twitter.com/OBRADOIROCAB. |
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 1 de 3 |