XACOBEO BLU:SENS

AFECCIÓN

tvobradoiro

twitter Obradoiro


PREZO DE ABONOS

Prezos do abono

Distribución de asentos



“Eu non me rendo”. ¡Son do Obra!

sanlorenzoO Obradoiro presentou este xoves pola noite a campaña de abonados para a tempada 2010-2011. Alfonso Pazo, xerente do club, foi o encargado de presentar a devandita campaña onde haberá varias novidades. A primeira delas son os carteis co lema de “eu non me rendo”. Soy del Obra!.  Acompañando ao director xerente, encontrábase José Ramón García, en representación do grupo empresarial e Miguel Conde de Bap Conde, a axencia responsable da campaña.

O director executivo de Blu:sens agradeceu aos medios a súa cobertura no último mes e pediu a súa colaboración para chegar coa campaña ao último afeccionado. Con tres spots dirixidos a tres públicos diferenciados BAP Conde busca conseguir como dixo José Ramón algo máis que un carné de socio, “ter un sentimento do obradoiro. Se verdadeiramente queremos ter un proxecto de ACB está nas vosas mans, non só na do grupo empresarial. A afección debe respaldo un proxecto que xa está posto nestes momentos en activo", puntualizou.

Ler máis...
 
O Club amplía o prazo para a renovación de aboamentos

carnetO Obradoiro CAB debido á alta demanda de renovacións decidiu ampliar unha semana máis a campaña para a renovación de aboamentos, para aqueles socios e abonados que aínda non fixeran efectiva a renovación do carné para a próxima tempada. Terán de prazo ata o vindeiro venres 10 de setembro ás sete da tarde para facelo.

 

O Club establece dúas formas para a renovación e compra de aboamentos:

1. A través do número 902 434 443, desde o día 25 de agosto de luns a venres de 8,00 a 22,00 horas, e sábados de 9,00 a 14,00 horas.
2. Nos Multiusos Fontes do Sar*, desde o luns 30 de agosto en horario de 10,00 a 14,00 horas e 16,00 a 19,00 horas.

*Todas aqueles que adquiran ou renoven un aboamento con algún tipo de desconto (desempregados, estudantes, familiar…) deberán facelo nas oficinas do club, tendo en conta que terán que presentar a documentación pertinente que acredite o tipo de aboamento que solicitan.

Ler máis...
 
O Obradoiro abre o prazo para a renovación e captación de abonados para a tempada

abonosA partir do vindeiro 25 de agosto e ata o día 6 de setembro, o club de baloncesto Obradoiro C.A.B abre o prazo para a renovación de aboamentos para a tempada 2010 -2011. Na pasada, o Club chegou case a superar os 4.400 socios, cifra que espera manter o vindeiro ano.

Non será ata o vindeiro día 6 de setembro, cando se abra o proceso de alta para os novos abonados ou para aqueles que queiran facer un cambio na súa localidade.  Con este motivo, o Club porá en marcha unha ambiciosa e emotiva campaña de captación que, según Alfonso Pazo, xerente do club “chegará ao corazón de todos aqueles que queiran axudar o Obra nestes momentos e animar ao Club para devolvernos ao lugar que o equipo e a súa afección merécense”.

O Club establece dúas formas para a renovación e compra de aboamentos:

1. A través do número 902 434443, desde o día 25 de agosto de luns a venres de 8,00 a 22,00 horas, e sábados de 9,00 a 14,00 horas.

2. No Multiusos Fontes do Sar*, desde o luns 30 de agosto en horario de 10,00 a 14,00 horas e 16,00 a 19,00 horas.>>>

Ler máis...
 
En marcha a primeira fase da compra de accións do Obradoiro

boletinPasou unha semana desde que os socios ratificaron a súa aprobación do proceso de conversión que o OBRADOIRO CAB afronta para converterse nunha Sociedade Anónima Deportiva. En realidade, aínda que se trata do traballo menos notorio e do de menor relevancia pública, a parte executada é a máis custosa.

O club deu todos os pasos necesarios e xa están á venda desde o pasado 3 de maio as accións do OBRADOIRO CAB. O capital mínimo para a conversión ascende a 2.863.000 € e o prezo de cada acción é de 50 euros.

Na primeira fase o capital dividiuse entre os 172 socios a partes iguais tendo en conta que só eles teñen dereito de adquirir valores. O prazo é dun mes (3 de xuño de 2010), cun máximo de compra de 333 accións por socio que serían 16.650 o valor en euros. É unha cifra que nace da lóxica, dividindo o capital en venda polo número de socios, co fin de permitir a nada probable opción de que, no caso de que queiran facelo, todos os socios teñan dereito a comprar o mesmo número de accións. »»

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 2

banner_abonate_2_gal