Loading...

Martes universitario na Caldeira

Obradoiro CAB
5 de decembro de 2024

O próximo martes 10 de decembro ás 20:30 horas, o Monbus Obradoiro enfrontarase ao Real Betis Baloncesto no Multiusos Fontes do Sar. Con motivo deste partido, o club, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, lanza unha promoción especial para a comunidade universitaria, con prezos e oportunidades exclusivas.


A promoción inclúe tres modalidades de entradas:


  • 100 entradas gratuítas, para os máis rápidos.
  • 200 entradas a 3 euros cada unha.
  • 300 entradas a 5 euros cada unha, sempre que o aforo o permita.


Todas as entradas estarán situadas na Tribuna 2 do Multiusos Fontes do Sar.


Para beneficiarse desta promoción, os asistentes deberán presentar a súa Tarxeta Universitaria de Identidade (TUI) que acredite a súa condición de membro da comunidade universitaria no acceso ao pavillón.


Os códigos promocionais necesarios para adquirir estas entradas xa están dispoñibles na páxina web do Monbus Obradoiro:


  • USC0924 para as 100 entradas gratuítas.
  • USC1024 para as 200 entradas a 3 euros.
  • USC1124 para as 300 entradas a 5 euros

.

O Monbus Obradoiro, con esta iniciativa, busca achegar o deporte de elite á comunidade universitaria, fomentando a súa participación no emocionante ambiente do Multiusos Fontes do Sar.


Non perdas a oportunidade de gozar do mellor baloncesto en directo e vive un martes universitario único na Caldeira!

0 Comentarios
Inicia sesión ou rexístrate para comentar
O último
48
Búscate nas bancadas da Caldeira no Monbus Obradoiro - Real Betis Baloncesto!
Obradoiro CAB.
hai un día
29
Galería fotográfica do Monbus Obradoiro - Real Betis Baloncesto
hai un día
Millán Jiménez faise co MVP Estrella Galicia de novembro
hai 2 días
Sufrir para gañar: O Monbus Obradoiro vence ao Betis cunha Caldeira a rebordar
hai 2 días