Páxina Oficial do Obradoiro C.A.B.
|
O Obradoiro non puido finalmente co Baskonia, no encontro correspondente á 21ª xornada da ACB, disputado nos Multiusos Fontes do Sar. Aínda que a diferenza final no marcador foi de 4 puntos, os de Curro Segura chegaron a estar un punto por diante da Caixa Laboral no último cuarto do encontro, conseguindo recortar unha diferenza que ao descanso chegou aos 13 puntos (38-51) a favor do equipo visitante. Finalmente non puido ser, pero o Xacobeo Blu: sens conseguiu un meritorio resultado de 76-80.
A actuación dos árbitros foi máis que discutida. Os colexiados foron abucheados por uns afeccionados que, por outra banda, aplaudiron as intervencións de Marc Jackson no seu último encontro en Santiago. O pivot do Xacobeo Blue: sens recibiu unha emotiva homenaxe por parte do club e da afección á finalización do encontro.
|
|
Esta mañá no Multiusos Fontes do Sar, o Director Xeral do Xacobeo Blu: sens Miguel Juane, anunciou por expreso desexo do xogador que Marc Jackson deixará o baloncesto profesional dentro de dúas semanas, o día do partido ante a Fuenlabrada.
Miguel Juane, pediu complicidade e respecto na decisión de Jackson e explicou que o xogador lle comunicara ao club que "non se encontra en condicións de seguir". O pívot estadounidense recibirá unha placa homenaxe ao finalizar o encontro deste domingo no Fontes do Sar contra a Caixa Laboral e a seguir dará unha rolda de prensa ante os medios de comunicación.
Desde o club habilitouse un enderezo de correo electrónico
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
co fin de que os afeccionados poidan enviarlle as mensaxes de apoio e cariño que crean conveniente. |
|
Mañá venres, 5 de febreiro, ponse en marcha para o OBRADOIRO a quinta edición das Series Colexiais da ACB, unha competición impulsada pola ACB e que este ano será a primeira vez que o club santiagués tome parte na devandita competición. Este campionato ten como obxectivo fundamental fomentar a afección ao baloncesto nos colexios.
O torneo, que reunirá a máis de 240 equipos de toda España, contará na comunidade galega con oito centros escolares participantes. O Xacobeo Blu: sens está situado dentro a Conferencia Oeste, xunto al Blancos de Rueda Valladolid e Gran Canaria 2014.
A nosa división, o XACOBEO BLU: SENS presenta un total de oito equipos, seis masculinos e dous femininos. A rolda previa galega masculina de mañá vén cargada de emoción, con seis partidos nunha soa xornada que terán lugar na capital galega e comezarán ás cinco da tarde. |
|
Máxico Stanic conta para TV OBRADOIRO a súa adaptación en Santiago de Compostela e sorprendenos con detalles da súa traxectoria coma xogador.
Fai click aquí para ver o vídeo |
|
O Xacobeo Blu:sens recibe o Caixa Laboral (domingo 12.30 horas) nun partido onde ademais de intentar recuperar o camiño das vitorias na casa terá o aliciente para os afeccionados santiagueses ver por última vez en acción ao xogador americano Marc Jackson que despois do partido de Fuenlabrada colgará a camiseta no mundo profesional do baloncesto.
Os vitorianos non poderán contar mañá cos lesionados Splitter e Barac mentres que por parte do Xacobeo, a pesar da avanzada recuperación de Drago e Rafael que se están exercitando a bo nivel aínda seguen sen recuperar ao cen por cen a xogador grego Kostas que continua mellorándose da gastronteritis que lle mantivo apartado do equipo a semana pasada e fixolle perder algún peso.
Pola súa banda, o Caixa Laboral vén de gañar o xoves na pista da Cibona de Zagreb, pero os de Curro Segura non vano a pór nada fácil, iso seguro. Ademais o Mexillón Area pode ser o escenario do retorno de Brad Oleson á ACB. O de Alaska disputou dous segundos o xoves e posiblemente mañá segundo desenvólvase o encontro, Ivanovic pódelle conceder algúns minutos. |
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|